
“Paseando Canguros“ será presentado na Libraría Trama da cidade
Editado por Medulia, chega o libro de relatos Paseando Canguros de Trashorras (nado en Castroverde) que tratan de personaxes ou sucesos, entre a realidade e a ficción, case sempre cunha carga humorística salientable, onde directa ou indirectamente vai deixando ao descuberto parte da súa vida, pero sobre todo, das súas filias e fobias.
Na presentación, amais do autor, estarán Montse González Álvarez (Magadán), escritora e Eduardo Carreira, escritor e pintor.