Evento

Presentación do libro "As costas do alén" en Ponteareas

2022-04-29
20:00 h
Sala Multiusos do Auditorio Municipal / Rúa Doutor Fernández Vega
Morado e Flaira levan a presentación nesta sexta a Ponteareas.
photo_camera Morado e Flaira levan a presentación nesta sexta a Ponteareas.
O escritor Fernando Juan Morado, Cone, e a ilustradora A Flaira falarán sobre a súa obra na Sala Multiusos do Auditorio Municipal

Presentación do libro As costas do alén do escritor Fernando Juan Morado, Cone, e a ilustradora A Flaira na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas.

Trátase dunha composición de 27 relatos, 7 poemas e 34 ilustracións de Flaira. A historia parte de Cede, unha estudante no Santiago dos anos 60, que experimenta unha vivencia mística na serra do Suído, onde se transmuta nun toxo no que pousa un corvo azul que lle vai facendo confidencias.

Estas visións dan lugar a un libro-catálogo de animais reais, ficticios, soñados, mixtos e plantados que fala dos bosques, de casas abandonadas...