
A novela de Miguel Anxo Alonso Diz será presentada na Sala Multiusos do Centro Social do Mar
Miguel Anxo Alonso Diz achega a súa novela O país da choiva, con ilustracións de Xosé Tomás a Bueu. O encontro literario terá lugar na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
O País da choiva fala da importancia do idioma, de usalo e conservalo, e de como a nosa lingua é parte da nosa herdanza cultural como galegos. De xeito delicado e con sensibilidade aborda a problemática da perda de falantes.