Evento

Presentación na Coruña: "A Música das buguinas"

2022-09-08
19:30 h
AC Alexandre Bóveda / Rúa Olmos, 16
Daniel Bellón e
Diego Maceiras.
photo_camera Daniel Bellón e Diego Maceiras.
A presenación de Bellón Maceiras terá lugar a partir das 19.30 horas na AC Alexandre Bóveda

Bellón Maceiras (Daniel Bellón e Diego Maceiras) presenta o seu primeiro conto musicado dirixido ao público infantil e familiar.

A partir do texto de Pepablo Patinho, Bellón Maceiras constrúe a banda sonora de A Música das buguinas (Urdime) cunha selección de temas populares e composicións propias.

O conto está ilustrado por Leandro Lamas e narrado por Gloria Mosquera, de Mamá Cabra.

O mundo de Roque, o neno que escoitaba os sons do mundo a través da súa buguina, pretende achegar a música tradicional galega ao público infantil e facer que os adultos a redescubran cunha coidada selección de muiñeiras, alboradas, pasodobres, pasacorredoiras e regueifas.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.