Evento

Presentación en Compostela: "Un reino con clase dirixente" de Francisco Rodríguez

2022-09-13
19:00 h
Praza de Cervantes (en caso de choiva trasladarase á Libraría Couceiro, na mesma praza)
Francisco Rodríguez presenta o segundo volume da súa obra.
photo_camera Francisco Rodríguez presenta o segundo volume da súa obra.
A presentación de "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. II Tomo: Un reino con clase dirixente" terá lugar na Praza de Cervantes

Após o éxito do primeiro tomo, A relevancia do reino galego medieval, chega Un reino con clase dirixente.

Neste segundo volume, Francisco Rodríguez fálanos do reino galego desde unha perspectiva galega, das opcións e alternativas da súa clase dirixente do reino que foi epicentro dun dos bandos confrontados, o lexitimista, fronte aos Trastámara.

Xunto ao autor, participarán do acto Patricia Varela, presidenta da AS-PG e Alexandre Peres, docente e experto medievalista, autor de entregas do coleccionábel de Nós Diario sobre o Reino da Galiza

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.