Evento

Contos en Pontevedra: "Travesías, aventuras de libro" con Raquel Queizás

2022-09-22
18:00 h
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Rúa Alfonso XIII, 3
Raquel Queizás.
photo_camera Raquel Queizás.
O espectáculo de narración oral de Raquel Queizás terá lugar na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola a partir das 18.00 horas

Até hai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban unha débil princesa.

E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.

Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques dirixido por Raquel Queizás con monicreques de Titereluis.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.