
Olga García Fernández será a encargada de pechar a segunda xornada da semana
A xornada de hoxe da XXXVIII Semana Galega de Filosofía pechará coa intervención da profesora Olga García Fernández: Escola contrahexemónica: a escola do coñecemento.
O evento terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra, entre as 20.00 e as 22.00 horas. A entrada é de balde.