Evento

Poesía en Lugo: "Neve de agosto" de Nieves Neira Roca

2022-06-22
20:00 h
O Vello Cárcere / Praza da Constitución
Nieves Neira Roca presenta o seu primeiro libro de poemas.
photo_camera Nieves Neira Roca presenta o seu primeiro libro de poemas.
Nieves Neira Roca presenta a súa obra "Neve de agosto" no Vello Cárcere de Lugo

Editado por Chan de Pólvora, na súa colección Sentulo, Neira Roca estará acompañada por María Grandío e Olalla Caamaño.

Aínda que levemos anos asistindo á emerxencia de Nieves Neira como poeta prodixiosa na dimensión oral, Neve de agosto é o seu primeiro libro.

Nel conflúen escritas de distintas liñas temporais e unha serie de ramificacións que esculcan as voces ocultas do mundo.

O título alude á tradición cristiá das nevaradas fóra de tempo, fenómeno milagreiro que sinalaba o lugar onde debía construírse un santuario.

Desprovisto aquí da dimensión relixiosa, Neve de agosto fala do estraño que habita o poema pero tamén da perigosa sedución do extraordinario.

Aborda a cuestión de esperar o inesperado e non caer na negación do mundo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.