Evento

Poesía en Ferrol: “A palavra encarnada”

2022-04-22
17:00 h
Quiosco do Cantón de Molíns e Ateneo Ferrolán
A poeta, actriz e música Eugenia Sanmartín.
photo_camera A poeta, actriz e música Eugenia Sanmartín.
O programa literario “A palavra encarnada” terá lugar o 22 e o 23 de abril en Ferrol 

Recitado de poemas de distintas persoas na celebración do 25 de abril, para facer voar os versos e desdobrar Ferrol dos guindastres en extinción.

No Quiosco do Cantón de Molíns recitado e lectura de poemas de combate, en homenaxe ao 50 Aniversario do 10 de Marzo, a cargo do colectivo Moraima e os poetas, Antón Cortizas, Quico Cadaval, Xosé M. Alvarez Caccámo, Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti, Manolo Bacalhao, Eugenia Sanmartin…

Posteriormente no local do Ateneo Ferrolán xa declamarán e actuarán o case duo oficial Lucia Aldao e María Lado, Carlos Santiago e Sol Mariño.

Xa sobre as 22.30 horas, no pub Manchita Cosa seguirase coa liberdade propia dos actos poéticos coa palabra sen lei. coma noutros tempos

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.