Evento

Poesía en Compostela: "Cintaadhesiva" de Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada

2022-09-07
18:00 h
Paseo da Alameda
Silva Penas mesturará textos e música para facer unha coreografía única.
photo_camera Silva Penas mesturará textos e música para facer unha coreografía única.
O espectáculo de Silvia Penas e Jesús Andrés Tejada terá lugar a partir das 18.00 horas no Paseo da Alameda de Compostela

Nesta peza de poesía e posta en escena, recóllense textos de Silvia Penas, principalmente recitados, pero tamén cantados, e composicións musicais (electrónica) de Jesús Andrés Tejada. Ambos os dous conforman o dúo de poesía escénica Cintaadhesiva.

Darán conta dunha viaxe a través dun camiño fronteirizo que leva a voz poética cara ao empoderamento final.

É un percorrido polos diferentes obstáculos cos que se vai atopando un eu poético que mesmo teme os seus propios soños e as palabras.

O espazo doméstico e as súas gretas, as súas pequenas e grandes violencias. Proxecto literariomusical que vai dotando de significado as melodías, os ritmos, a cadencia e as imaxes.

Trátase dunha totalidade orgánica.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.