Evento

Pintura en Marín: "Retrospectiva" de Pedro Bueno

2022-06-08
11:00 h
Museo Municipal Manuel Torres / Avda. de Ourense, 3
Pedro Bueno pintando nunha das últimas feiras de arte.
photo_camera Pedro Bueno pintando nunha das últimas feiras de arte.
Pedro Bueno expón "Retrospectiva" no Museo Municipal Manuel Torres de Marín

A exposición Retrospectiva de Pedro Bueno poderá verse no Museo Municipal Manuel Torres de Marín até o 12 de xuño.

Pedro Bueno é un mestre sen mestres, un doutorado sen escola. Non por iso deixou de aprender de colegas e amigos e da propia investigación, asimilando técnicas e solucións e interiorizando o que logo ha de expresar.

A versatilidade, a pluralidade de propostas e de rexistros define unha obra na que se atopa deseño, esculturas e pinturas.

A súa faceta primordial é a de pintor, cun camiño, cunha pegada propia; o que lle confire un estilo, unha linguaxe particular, única.

Cando se observa un cadro de Pedro Bueno, ao momento o público decátase da autoría.

Autodidacta convencido e de ampla traxectoria exerceu de profesor de debuxo en varios colexios da cidade da Coruña e participou de numerosas exposicións.