
Obra recente é a nova exposición de Víctor Rodríguez, pintor, debuxante, gravador...en definitiva un artista que non se opón a abrir novos camiños.
A súa obra é uha mestura ou unha transición entre o abstracto e o e a figuración xogando con paisaxes tomados da natureza que sorprenden pola imposición de elementos impropios.
Mais todo isto sempre acompañado dunhas cores vigorosas e cheas de harmonía e forza expresiva.
Víctor logra transmitir ese ollo inquieto que nos mergulla irremediablemente nunha metáfora continua e dunha beleza palpábel, en definitiva é un xeito de atoparnos nunha cidade até o momento allea dentro da cidade que pisamos sen mirar día tras día.
Non debemos obviar estas composicións rezumando vida.