Evento

Pintura na Coruña: "Hibridacións e outras mitoloxías" de Martín Rincón

2022-09-14
19:30 h
AC Alexandre Bóveda / Rúa dos Olmos, 36
O collage ' Happy Together' forma parte desta exposición.
photo_camera O collage ' Happy Together' forma parte desta exposición.
A exposición de Martín Rincón poderá verse na AC Alexandre Bóveda a partir das 19.30 horas

Inauguración desta exposición do artista plástico Martín Rincón, que partiu da experiencia do confinamento de 2020 e que consta de tres series: na primeira, comezada en 2018, establécese un xogo entre figura e fondo que se suxire a través do uso de téxtil, papel e outros obxectos, para dar énfase a un todo libre de referencias explícitas no argumental.

Na segunda, Venus, Adán e Eva son descontextualizados das obras de Botticelli e de Durero, respectivamente, ao igual que Marylin –no filme Niágara (1953)–, construíndo imaxes recubertas dunha follaxe que o invade todo.

Finalmente, na terceira serie, un Davide de Buonarroti e unha Marylin encerrados en espazos imaxinarios, emulan Dafne con senllos traxes de loureiro.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.