
Víctor Lens amosa a súa nova obra na Casa da Cultura Vila Concepción de Cambre
O espazo tempo e o tempo é a nova exposición do pintor Víctor Lens, que poderá verse até o 7 de maio na Casa da Cultura Vila Concepción de Cambre.
Unha concepción da arte e a forma na que nos relacionamos coa expresión artística en todas as súas formas, así se manifesta o autor que compaxina as imaxes con textos.