
O novo espectáculo de Talía Teatro, "A parábola do angazo", será executado no Auditorio do Fórum Metropolitano
No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar. Entre todas, a nosa, a galega.