
Dionisio Pereira González e Xosé Ramón Ermida Meilán serán os encargados de levar a cabo o acto
"A guerrilla antifranquista, un recoñecemento pendente" é unha palestra organizada por Amigos da República Ourense, que contará coa participación de dous especialistas no devir da guerra civil e nas súas posteriores consecuencias: o historiador galego Dionisio Pereira González e o autor Xosé Ramón Ermida Meilán.
A palestra terá lugar no Liceo de Ourense, a partir das 20.00 horas.