
A palestra englóbase dentro das xornadas "Galiza, un pobo vivo. Das rúas ás bancadas" organizadas por Riazor Blues na Coruña
Trátase da segunda das tres xornadas programadas ao redor do Día da Patria, que levan por nome: Galiza, un pobo vivo. Das rúas ás bancadas.
Desta volta, a xornada trata da mobilización da mocidade e terá lugar dende as 20.30 horas no Chicho da Coruña. Estará impartida por Charo Lopes e Chema Naia.