Evento

Palestra na Coruña: "María Casares e o existencialismo" de Sabela Hermida

2022-06-08
18:30 h
Biblioteca Municipal Os Rosais / Praza Elíptica, 1
Sabela Hermida analiza María Casares.
photo_camera Sabela Hermida analiza María Casares.
Sabela Hermida analiza a María Casares nunha palestra que terá lugar na Biblioteca Municipal Os Rosais da Coruña
No marco da programación do Ano Internacional María Casares nas Bibliotecas Municipais da Coruña, terá lugar na sala de adultos da Biblioteca Os Rosais unha conversa ao redor da figura de María Casares e os seus vencellos coa filosofía e o teatro existencialistas ao longo da súa carreira artística, a cargo de Sabela Hermida, que culminou a súa formación académica doutorándose en Artes Escénicas cunha tese sobre María Casares.