Evento

Poesía en Ourense: empeza o Festival de arte e poesía explícita

2022-09-08
21:00 h
Teatro Principal / Rúa da Paz, 9
Catuxa Salom fará parte deste festival de poesía.
photo_camera Catuxa Salom fará parte deste festival de poesía.
O Festival de arte e poesía explícita terá lugar a partir das 21.00 horas no Teatro Principal de Ourense

Noite de poesía, de arte sen complexos, de luz e tamén de xogos de sombras chinesas.

Antón Reixa, Catuxa Salom, Iletxu Marcos, Pompa e Boato, Luna Gallego, Steven Russo e Nia Aydillo participan nesta terceira edición do festival onde poesía de onte e de hoxe, poesía lírica e poesía en verso libre, estilos acústicos e electrónicos combinaranse nunha noite pensada para todos os públicos pretendendo primar unha poesía libre de regras e de estilismos encorsetados.

Cada unha e cada un das poetas e artistas participantes, co seu propio estilo, fará da súa arte e da súa poesía un hábitat, para si mesmo e para todo o público, facendo unha mestura e unha fusión entre todas e entre todos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.