Evento

Osa do mar 2022: programación e artistas

2022-09-02
21:00 h
Praza do Concello
O músico galego Berto actuará en Burela.
photo_camera O músico galego Berto actuará en Burela.
A oitava edición do festival terá lugar a partir das 21.00 horas na Praza do Concello de Burela

Festival que chega á súa oitava edición, de música alternativa con especial fincapé en grupos galegos.

A xornada de hoxe comeza coa actuación de Llegamos tarde Dj set, ás 21 horas, dando paso ás 21.30 horas ao músico galego Berto.

Posteriormente, ás 22.30 horas, será a quenda dos barceloneses Anabel Lee. Ao remate chega a actuación do grupo madrileño La La Love You, ás 23.30 horas, para dar paso á fin das actuacións cos sevillanos que compoñen o grupo musical Karavana.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.