
A presentación de "Uma vontade de música. As cantigas do Zeca" terá lugar na Libraría Pedreira de Compostela
Editado por Tradisom, na presentación de Uma vontade de música. As cantigas do Zeca, participarán tanto o autor, Octávio Fonseca, como José Moças, representante da editorial.
O libro aborda a importancia cultural real da obra do Zeca Afonso alén da súa implicación política, cuestión que nace do propio José Afonso que subestimou sempre a importancia das súas cancións crendo que non tiñan relevancia no conxunto de actividades antifascistas que se desenvolvían.