Evento

Obradoiro en Boiro: "A pel e o mar" de Deebo Barreiro

2022-09-15
17:30 h
Centro Social de Cabo de Cruz / Lugar Pesqueira, 41
Deebo Barreiro.
photo_camera Deebo Barreiro.
O obradoiro artístico de Deebo Barreiro terá lugar a partir das 17.30 horas no Centro Social de Cabo de Cruz

Ao abeiro do certame Residentes: residencias artísticas de Boiro 2022, convocado polo Concello en colaboración coa galería La Doce, a artista visual e investigadora en imaxe visual e teoría de xénero, Deebo Barreiro, impartirá este obradoiro de fotografía, de balde, orientado a profesionais vinculados co mar, a conserva ou a batea, no que se fará unha achega á creación de imaxes fotográficas desde outras perspectivas menos convencionais.

O proxecto pretende fomentar a creatividade, a produción artística visual e contribuír á consolidación e crecemento do sector artístico local.