
A presentación de "Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV" de Marisa VIdal Collazo será no Espazo Nemonon
Marisa Vidal Collazo presentará a súa obra Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV no Espazo Nemonon de Pontevedra.
Editada por Galaxia e coas ilustracións de Sole Pite Sanjurjo, está baseada nunha muller da Gallaecia, afoutada, intelixente e prudente, que se move guiada polo seu desexo.
No evento tamén participarán, amais da autora e da ilustradora, Lorena Conde, escritora e directora teatral, e o pintor Antón Sobral.
A actriz e vocalista Inés Salvado realizará finalmente un monólogo arredor da figura de Exeria, a partir de textos do libro.