
"Cando os bosques sintan frío" de Charo Valcárcel será presentado na Libraría Pedreira de Compostela
Presentación do novo libro de poemas de Charo Valcárcel (Medulia Editorial): Cando os bosques sintan frío.
En palabras do prologuista, Antón Rivero Coello, cada verso deste libro é un intre intenso que deixa unha pegada, un rastro, unha configuración, a formación dunha identidade porque o libro é a suma ordenada dunha vida na que hai un inventario de perdas, mais tamén un canto emocionado á amizade, ao tempo ou á familia, con versos que soben da infancia.