Evento

Nova Galega de Danza presenta "Leira" en Boiro

2022-09-24
20:30 h
Pazo de Goiáns / Ponte Goiáns
Inés Vieites, Estefanía Gómez, Iván Villar e Pablo Sánchez.
photo_camera Inés Vieites, Estefanía Gómez, Iván Villar e Pablo Sánchez.
O espectáculo de danza terá lugar a partir das 20.30 horas no Pazo de Goiáns

Dirixida por Jaime Pablo Díaz, o espectáculo foi galardoado cun dos premios máis recoñecidos das artes escénicas en 2021, o Premio Max ao Mellor intérprete masculino de danza, ademais de ser, no seu conxunto, finalista ao Premio ao Mellor Espectáculo de Danza.

A obra, que se desenvolve acompañada da interpretación musical de Rosa Cedrón sobre composicións de Sergio Moure, amosa unha exaltación do labor do campo por medio do corpo e da terra.

Danza e música representan a agricultura tradicional galega e a dureza da mesma durante todas as estacións do ano, día e noite, baixo vento, chuvia ou xeada.

A escenografía desenvólvese sobre un solo de terra converténdose esta na "intérprete" protagonista principal do espectáculo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.