
O poeta ponteareá Alfonso Pexegueiro e o escritor cangués Xabier Alcalde serán os encargados de presentar a obra Naturezas Doentes de Manuel Pizcueta no Auditorio de Ponteareas.
O público poderá coñecer os pormenores dun libro concibido como unha experiencia que pretende indagar na posibilidade dunha conxunción de linguaxes que, a pesar de pertencer a ámbitos diferentes, poidan xerar espazos de sentido compartidos.
Coa obra, Manuel Pizcueta pon en escena, sobre a luz turbia dos sonos, a disolución dos perfís do real como experiencia que extrae da vertixinosa degradación do orgánico e da delirante proliferación do fragmentado, unha fusión cromática que evoca un mundo en descomposición, anegado pola liquidez putrefacta dunha contemporaneidade asolada.