
O espectáculo de Paco Nogueiras poderá verse desde as 12.00 horas na Praza da Porta do Sol de Ribeira
Chega o "xornal musical" que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos os públicos.
En Extra! os temas dispóñense en distintas seccións durante o espectáculo, onde cada composición aborda diferentes noticias nacionais e internacionais.