Evento

Música en Portomarín con Tanxugueiras e Laura Lamontagne & Pico Amperio

2022-09-23
21:00 h
Praza Conde de Fenosa
Laura Lamontagne & Pico Amperio actúan en Portomarín.
photo_camera Laura Lamontagne & Pico Amperio actúan en Portomarín.
A cita musical terá lugar a partir das 21.00 horas na Praza Conde de Fenosa

Tanxugueiras, tres cantareiras para unha nova década. As músicas interpretan os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica.

A súa enerxía, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo.

Laura Lamontagne & Pico Amperio forman un dúo que propón melodías suaves, bucles vogais, percusións marcadas e atmosferas con elementos esenciais da súa particular expresión artística.

Na súa proposta mestúranse música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, con especial atención ás obras de Martín Códax, Airas nunes, Rosalía de Castro, Luz Fandiño e Xela Arias.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.