
O concerto terá lugar no Campo San Francisco de Ribadeo a partir das 13.00 horas
A cantante Iria Estévez, Artur Caldeira á guitarra portuguesa e Daniel Paredes coa viola de fado levan hoxe á localidade de Ribadeo todo un espectáculo da música máis típica portuguesa.
Esta música é un medio marabilloso para cantarlle á pena, algo que se poderá ouvir a partir das 13 horas.