
A obra do Grupo Maricastaña terá lugar no Auditorio Gustavo Freire da cidade
O Grupo Maricastaña presentará, desde as 20.30 horas, a súa función "O parke do crepúskulo". O evento englóbase dentro do XXVIII Festival de Teatro Universito, en Lugo.
A obra de teatro está escrita e dirixida por Fernando Dacosta. As entradas son de balde até completar o aforo.
Trala mostra, terá lugar un coloquio de media hora cos actores da mostra.