Evento

Mostra en San Sadurniño: "20 anos de O Bosque Animado" de Dygra

2022-09-14
09:00 h
Galería da Casa do Concello / O Casal, 16
O Bosque Animado.
photo_camera O Bosque Animado.
A mostra poderá verse até o 30 de setembro na Galería da Casa do Concello de San Sadurniño

A mediados de 1996 a empresa Dygra emprende a aventura de realizar unha longametraxe de animación.

Para converter a historia orixinal de Wenceslao Fernández Flórez nunha película de animación tomáronse como referencias a antropoloxía, os bosques e a arquitectura galega.

Desde o punto de vista visual os referentes foron pintores como Llorens, Sotomayor, as pinturas de Castelao, etc.

Na posprodución traballouse para recrear a luz e o ambiente da Galiza, o obxectivo era que os espectadores de todo o mundo sentiran a atmosfera galega.

A través dos paneis da exposición preténdese lembrar todo este proceso, os primeiros deseños, os trazos, a montaxe, etc.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.