
Carolina Munáiz e Genaro da Silva son os autores de "Esguello", que poderá verse no Vello Cárcere até o 23 de xuño
A mostra de pintura e poesía Esguello, de Carolina Munáiz e Genaro da Silva, estará exposta no Vello Cárcere de Lugo até o 23 de xuño.
A partir do traballo plástico de Carolina Munáiz emerxen unha serie de imaxes do barro e dos pigmentos, que desembocan en poemas que pretenden indagar no humus primordial que se agocha detrás das formas primitivas e orixinais.