
Hoxe é o último día para ver a exposición "A casa da Galiza. 50 anos da casa de Rosalía" de Pepe Barro
A casa da Galiza. 50 anos da casa de Rosalía é unha exposición ao exterior, con Pepe Barro como comisario, que percorre a historia da casa-museo de Rosalía que abriu as súas portas o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación da xente e de distintas organizacións.