
A XIII Mostra de Cinema Periférico terá lugar en diferentes espazos de proxección da Coruña
O programa para hoxe da XIII Mostra de Cinema Periférico diversifícase por tres das localizacións dos espazos de proxección.
Así, no Palexco, ás 12 horas emitirase Instalación de Philipp Fleischmann. Logo, nos espazos habilitados no Porto, no Peirao de Trasatlánticos, haberá tres quendas de proxeccións:
- ás 16 horas, a sesión Experimentando o experimental con curtametraxes de Aura Vega, Álvaro Feldman, Claudia Pineda Mesquida, Carla Andrade, Acacia Ojea, Inês Lima e Saru Miras;
- ás 18 horas, o protagonismo será para as obras de Alexandre Larose;
- e ás 20 horas, emitiranse os traballos Richard Tuohy e Dianna Barrie.
Por último, no patio da Fundación Luis Seoane, ás 23 horas, verase O son das imaxes de Laura Moreno Bueno.