Evento

Monicreques en Vila de Cruces: "O tranvía Leonardo" de Fantoches Baj

2022-09-09
19:00 h
Auditorio Xosé Casal / Rúa Castelao
Fantoches Baj.
photo_camera Fantoches Baj.
O espectáculo de Fantoches Baj terá lugar a partir das 19.00 horas no Auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces

Espectáculo de narración oral para a infancia con monicreques e música en que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor da Galiza, protagonista de innumerábeis cancións e anécdotas.

Neste espectáculo a participación do público é continua: aprendendo a pronunciar o "Trabalinguas" das trisílabas ou a cantar a Maturrangaina, na que o público miúdo exercita dicindo os números en galego do un ao dez.

Ao final agasállase á xente cun xogo recortábel coa canción á que fai referencia a imaxe, co obxectivo de que poidan xogar e cantar con el na casa.

Inacio Vilariño é o autor, director e actor deste espectáculo onde as crianzas toman as palabras e os números e son os verdairos protagonistas.