Evento

Monicreques en Padrón: "Varietés do animalario" de Paporrubio

2022-09-02
21:30 h
Paseo do Espolón
Un dos monicreques do espectáculo.
photo_camera Un dos monicreques do espectáculo.
O espectáculo de monicreques poderá verse no Paseo do Espolón a partir das 21.30 horas

Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo as peras unha a unha.

No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo na cultura galega de tradición oral; os dous vólvense vexetarianos, son rexeitados polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira coas sete peras.

Todo isto, acompañados das características humorísticas clásicas da tradición de monicreques galegos: os enredos lingüísticos, a cachiporra, a astucia do heroe e do antiheroe, un sin fin de actos que fan soltarnos a gargallada.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.