Evento

Monicreques en Lugo: "Don Gaiferos e o Dragón" de Títeres Cachirulo

2022-09-06
18:00 h
Praza Anxo Fernández Gómez
Os monicreques tomarán hoxe as rúas de Lugo.
photo_camera Os monicreques tomarán hoxe as rúas de Lugo.
O espectáculo de Títeres Cachirulo poderá verse a partir das 18.00 horas na Praza Anxo Fernández Gómez de Lugo

Títeres Cachirulo é unha compañía fundada en 1985, con sede en Compostela e con máis de 35 montaxes empregando diversas técnicas del teatro de títeres, como marionetas de fío, de luva, 'bunraku', sombras ou guiñol, alternando textos clásicos e producións propias cunha ampla variedade de temáticas.

Desta volta representarán, dentro das últimas actividades de verán do Concello de Lugo, a peza Don Gaiferos e do Dragón.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.