
O espectáculo do Mago Rafa terá lugar no Parque da Constitución de Mugardos a partir das 20.30 horas
Unha maxia fina e con efectos imposíbeis son os recursos que este mago lucense mostra sobre o escenario.
Os obxectivos son sorprender e divertir. Para toda esta declaración de intencións o mago conta cunha antiga caravana que se transformou dun modo case natural no Baúl do Mago.