Evento

María da Pontragha leva o seu espectáculo de maxia até Pazos de Borbén

2022-07-06
12:00 h
Auditorio do Concello / Lugar de Pazos, 52
María de Pontragha co seu espectáculo de maxia infantil.
photo_camera María de Pontragha co seu espectáculo de maxia infantil.
O espectáculo "Un saco de contos" terá lugar no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén

Contos e cancións de tradición oral para crianzas que beben da nosa herdanza cultural e cos que María da Pontragha sementa as leiriñas das familias para que medren vizosas.

María da Pontragha é o alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que desde sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música como da palabra en si.

En 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país.

É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta. Actividade encadrada dentro do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica 2022.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.