Evento

María Pinal expón a súa mostra "Tatuado" en Ourense

2022-07-05
h
Sala de exposición do Mur Marxinal / Rúa Manuel Murguía, 11
A artista ourensá María Pinal expón até final de mes no Mur.
photo_camera A artista ourensá María Pinal expón até final de mes no Mur.
"Tatuado" estará exposta até o 23 de xullo na sala de exposición do Mur Marxinal en Ourense

Tatuado é un traballo a partir de obxectos cotiáns, figuras humanas, paisaxes, vivencias, símbolos.....

Ollos, camións, semáforos... que se metamorfosean en formas xeométricas (cadrados, puntos, óvalos, rectángulos) ou manchas.

Unha paisaxe “civilizada” e urbana para traducir o mundo interior da propia artista, á maneira dos antigos románticos.

As pinturas de María Pinal son “abstraccións espirituais”. Así, desenvolve unha arte “refuxio” que pretende curar e curarse nese diálogo interior-exterior.

Pretende coa súa obra ir máis aló do material e atoparse co espiritual. Son estas obras confinamentos que queren romper barreiras e que gritan liberdade a un mundo exterior que semella engaiolado.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.