
A exposición "Inmersión ao interior" terá lugar no primeiro andar do Vllo Cárcere de Lugo
As pintoras luguesas Concetta Montenegro e Luísa Paz expoñen Inmersión ao interior, unha mostra de 34 obras realizadas en acrílico sobre lenzo onde plasman un estilo íntimo, persoal e libre.
Nas obras pódese observar a diferenza de técnicas, nun caso definidas pola experimentación da cor a través da mancha e noutras pola abstracción lírica, mais converxen na temática que fai que o camiño emprendido sexa único.
A mostra pode verse até o 30 de xuño de 2022.