Evento

Libros en Ourense: "A mirada atlántica" de Antón Patiño

2022-09-02
20:00 h
Espazo El Cercano / Rúa Cardenal Quevedo, 20
O pintor e escritor Antón Patiño presenta novo libro.
photo_camera O pintor e escritor Antón Patiño presenta novo libro.
A presentación da obra de Antón Patiño terá lugar no Espazo El Cercano a partir das 20.00 horas

A mirada atlántica, Editorial Elvira, é unha panorámica sobre os cumios de intensidade da modernidade cultural na Galiza, unha achega á itinerancia da modernidade creativa e cultural galega, non só nas artes plásticas, senón con aproximacións á poesía, literatura, arquitectura, deseño, música, cinema, etc, establecendo intelixentes sinerxías con aspectos antropolóxicos, históricos e sociais.

Xunto ao autor estará Xabier Romero.