
Presentación dos libros O Grupo e A (des)memoria, editados por Medulia Editorial, no que a narrativa e a poesía van da man.
En O Grupo, de Tito Pérez, tal como sinala Xosé M. Eyre na súa crítica, fálase da adolescencia como época vital problemática.
A crueldade exercida sobre nós na nenez nin sequera ten sempre unha xustificación, unha explicación; pode que quen nos magoe o faga por simple capricho, porque atopa pracer magoando os demais, mesmo porque así se sente superior aos demais, etc..
Poucas manifestacións da crueldade son máis duras que as deste tipo.
No caso de A (des)memoria, de Clara Vidal (poesía), a autora fala dunha linguaxe difícil de entender, propia das persoas enfermas que comezan a esvaecer a súa memoria.