
Soños no limiar está editada por Laiovento e traducida ao galego por Rocío Viéitez, que estará no acto xunto a Prudencio Viveiro Mogo, en representación da editora.
A obra xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra.
Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso.
Cada libro leva a achega dun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios. De todos sacaremos algo, leremos sobre vidas, ficticias ou reais, e non nos deixarán indiferentes.
Soños do limiar de Fatema Mernissi (1940-2015) foi a súa única novela, onde narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén en Fez.