Evento

Laura LaMontagne & PicoAmperio e As Tanxugueiras, no Festival de Allariz

2022-09-03
21:00 h
Xardíns de Allariz
Laura LaMontagne e PicoAmperio actuarán en Allariz.
photo_camera Laura LaMontagne e PicoAmperio actuarán en Allariz.
Os dous grupos galegos serán algúns dos protagonistas do Festival internacional Xardíns de Allariz

Festival internacional en Allariz con actuación de dous grupos galegos referenciais: Laura LaMontagne & PicoAmperio desprenden melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmosferas rascadas.

Na súa proposta musical mesturan música medieval galega e portuguesa, ambiente hip hop e poesía, pondo especial atención nas obras de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro, Luz Fandiño e Xela Arias.

Tanxugueiras incrementa as revolucións do folk galego. Cun repertorio escollido para mostrar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras.

Unha aposta sen corpiños enchida de virtuosismo e contundencia.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.