Evento

Presentación en Lalín: "Venecia Abandonada" de Eduardo Estévez

2022-09-08
20:30 h
Círculo Recreativo Casino de Lalín / Rúa Monte Faro, 6 /
Estévez continúa coa xeira de presentacións da súa obra.
photo_camera Estévez continúa coa xeira de presentacións da súa obra.
A presentación da obra de Eduardo Estévez terá lugar a partir das 20.30 horas no Círculo Recreativo Casino de Lalín

Conversa arredor desta obra na que ademais do propio autor participará Celso Fernández Sanmartín.

Venecia Abandonada (Edicións Positivas) é un libro de poemas en prosa que ten como fío condutor o paseo dun viaxeiro solitario por unha Venecia distópica que quedou deshabitada de forma imprevista.

Os textos do libro dialogan coa música do Grupo 1500 (Belén Bermejo, Andrés Díaz e Pablo Ruibal) mesturando obra escrita e musicada en harmonía.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.