Evento

A International Ballet Company de Moldavia recala en Vigo

2022-05-05
20:30 h
Teatro Afundación / Rúa Policarpo Sanz, 13
Un clásico do ballet.
photo_camera Un clásico do ballet.
"O lago dos cisnes" é a peza que presentará a International Ballet Company de Moldavia no Teatro Afundación

A International Ballet Company de Moldavia é unha compañía creada polos premiados e aclamados solistas moldavos Cristina e Alexei Terentiev, e integrada por solistas de Moldavia e Italia entre outros países.

A compañía de danza presentará no Teatro Afundación de Vigo a súa obra O lago dos cisnes. Este proxecto asentouse nunha depurada técnica e unha excelente interpretación dramática.