
Mostra Internacional de Teatro (MIT): consulta os actos que darán comeza a unha nova edición da mostra teatral de Ribadavia
Malia que as actividades da mostra comezaron en datas previas, hoxe ten lugar, ás 20.30 horas, a inauguración oficial, na Igrexa da Madalena, cun concerto de Sheila Patricia.
A seguir, ás 21.30, haberá as entregas do Premio Abrente de Textos Teatrais 2022 e do Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño.
As 23 horas no Auditorio Rubén García do Castelo representarase Hamlet por Teatro La Plaza, para concluír no Patio de Turismo do Museo Sefardí ás 0.30 cun coloquio teatral con Chela de Ferrari.