Evento

Inauguración da Feira do Libro 2022 de Rianxo

2022-07-22
12:00 h
Praza de Castelao
Suso de Toro é o pregoeiro da Feira do Libro de Rianxo.
photo_camera Suso de Toro é o pregoeiro da Feira do Libro de Rianxo.
Feira do Libro Rianxo 2022: consulta a programación e os autores participantes na xornada de inauguración

Xornada inaugural da Feira co Pregón a cargo de Suso de Toro e coa intervención musical de Ferre & Susavila Jazz Casual ás 13 horas.

Hoxe ademais hai as respectivas presentacións dos libros:

  • Ás 18.30 horas, Animalario de ler a diario (Xerais), de Eduard Velasco.
  • Ás 19, A marela ou amarela (Toxosoutos), de Manu Sobral, esta no Salón de Plenos do Concello.
  • Ás 19.30, Eu son Exeria (Galaxia), de Marisa Vidal Collazo.
  • Ás 20, A píllara pillou a duna (Área de Asistencia Técnica SL), de Amancio Losada Vicente, doutra volta no Salón de Plenos.
  • Ás 20.30, Hijos de Gael (Espasa) de Rodrigo Costoya.
  • Do mesmo xeito, Alba López Paredes, María Rey e Manuel Iglesias Turnes asinarán as súas obras nas casetas das librarías.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.