Evento

Inauguración na Coruña do IV Salón de Outono

2022-09-07
19:00 h
Casa-Museo Casares Quiroga / Rúa das Panadeiras, 12
Os cadros de Pilar Pastoriza farán parte desta exposición.
photo_camera Os cadros de Pilar Pastoriza farán parte desta exposición.
A exposición poderá verse até o 2 de outubro na Casa-Museo Casares Quiroga

Desde esta cuarta feira a Casa-Museo Casares Quiroga acolle a tradicional cita bianual do Salón de Outono, que organiza a Asociación de Artistas da Coruña, e que desta volta reunirá obras de 17 autores e autoras diferentes: María del Carmen Calviño, Antonio Cuadrado, María José Fiaño, María José Freire Cisneros, Francisco García Ibarra, Ulpiano Guitián, Teresa López Ameijeiras, Pilar López Román, Jaime Muinelo, Marcial Ortiz, Francisco Otero, Pilar Pastoriza, Fernando Rivera, Marisa Rodríguez, María Jesús Sarandeses, José Antonio Varela e Miguel Zelada.

A exposición estará aberta até o 2 de outubro e o seu horario será de 11 a 13.30 e de 18 a 20 horas, de terzas feiras a sábado, e de 12 a 14 horas, domingos e festivos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.